A Fundación » Estatutos
ESTATUTOS
CAPÍTULO V: Extinción da Fundación
Artigo 26.1
Con independencia das causas de extinción previstas legalmente, a extinción da Fundación poderá ser acordada polo Padroado cando as circunstancias evidencien a necesidade de disolvela, por imposibilidade material de realizar as finalidades fundacionais.
Artigo 26.2.
No caso de extinción da Fundación, o patrimonio remanente, se o houbese, e unha vez satisfeito o pasivo, dedicarase á realización de fins de interese xeral de Galicia análogos ós da Fundación.
DISPOSICIÓN FINAL
Única. Naquilo que non estea previsto nestes Estatutos será de aplicación a Lei 7/83, de 23 de xuño, de Fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, de 8 de novembro, ou a normativa que no futuro a poida substituír.