Contacto | Info Legal
Cabecera menu
logo
A Fundación » Saúdo

SÁUDO

A Fundación Iniciativas 21 ten como obxectivo  promover, impulsar e canalizar propostas que contribúan ao desenvolvemento político e social, e ao progreso económico e cultural de Galicia nunha perspectiva de liberdade, igualdade e autogoberno.

Estes fins preténdese acadar fomentando o coñecemento, a expansión e o desenvolvemento crítico do pensamento socialdemócrata e galeguista.  A fundación quere contribuír a unha sociedade máis desenvolvida, para que Galicia poida gozar dos niveis medios de desenrolo que teñen os países da U.E.; unha sociedade máis equitativa, para que a xustiza, tanto  civil como  social, sexa o piar básico que oriente as políticas públicas; unha sociedade máis solidaria, na que as diferencias económicas, sociais, raciais, sexuais e religiosas non constitúan factores de fragmentación senón liñas de diversidade que fagan da nosa, unha sociedade plural, consciente da riqueza que isto aporta a unha democracia avanzada.

Iniciativas 21 pretende contribuír á construcción aberta e participativa  dunha sociedade creativamente respectuosa cos seus sinais de identidade.

Para a consecución destes fins tan diversos  a Fundación desenrola o seu traballo tanto en Galicia como  cos galegos residentes no exterior. A fundación emprega diferentes instrumentos como o seguimento, análise e estudio da realidade política, social, económica e cultural de Galicia; a organización de cursos, conferencias, seminarios e coloquios que abarquen un amplo abano para recoller as mais diversas voces; a formación e orientación cara á actividade pública; a elaboración, publicación e difusión de traballos de estudio, investigación ou información nas áreas de actividade; a publicación dunha Revista da Fundación; a organización de exposicións; a relación con outras institucións, organismos ou corporacións de Galicia, de España ou  do estranxeiro que realicen actividades semellantes, etc.

Esta páxina web quere ser o portal que dea  acubillo as actividades da Fundación, comunique e divulgue as diferentes iniciativas en progreso, e sirva de canle interactiva e participativa aberta todas e todos os interesados en colaborar  connosco.

 

O Presidente
RAMÓN MÁIZ SUÁREZ

Copyright © 2008 Fundacion Iniciativas 21 • Reservados todos los derechos • DeseñoLogo eDíxitoseDíxitos Web Design