A Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, ten como un dos seus obxetivos prioritarios, incrementar as liñas de colaboración cos concellos galegos. Dentro dos novos Circuítos Culturais, contémplase entre outros o programa Cultura en Familia, no que espectáculos de música, danza, teatro, maxia, títeres, novo circo e narración oral, terán lugar na primavera e no outono deste ano 2007.

Co propósito de chegar a novos públicos prográmase este circuito dirixido única e exclusivamente ao público infantil e familiar, coa idea de satisfacer as demandas culturais deste sector da población.

No ciclo de outono, o circuíto abrangue 15 concellos cun total de 56 espectáculos.